jueves, 26 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía cunha actividade moi especial baseada no poema de Rosalía chamado `Para a Habana´. Aquí tedes un fragmento do mesmo:

Vendéronlle os bois, 
vendéronlle as vacas,
 o pote do caldo
 i a manta da cama. 
Vendéronlle o carro
 i as leiras que tiña ;
 deixárono sóio cou ropa vestida.
 “María, eu son mozo, pedir no me é dado ; 
eu vou polo mundo pra ver de ganalo. 
Galicia está probe,
 i a Habana me vou...
 ¡ Adiós, adiós, prendas do meu corazón !”
 “Ánimo, compañeiros!


Os nenos e nenas lérono e falaron da emigración. Despois fixeron unhas pequenas maletas pensando en que levaría Rosalía se fora de viaxe a outro país para dar a coñecer Galicia.









Mírade que ideas máis bonitas!

Pero isto non foi todo, as nenas e nenos de cuarto quixeron profundizar un pouco máis e coñecer algúns outros dos poemas da poetisa, así que subiron á biblioteca do centro a documentarse.
Alí estiveron a traballar sobre outras obras de Rosalía como "Adiós ríos, adiós fontes".






No hay comentarios:

Publicar un comentario