martes, 28 de febrero de 2023

NOVIDADES MES DE MARZO 2023

Nicoleto non para de buscar novos títulos a incorporar á nosa biblioteca.

Aquí deixa un exemplo das novas adquicicións para todos e todas vós.

Están organizadas por seccións e por cores.

Esperamos sexan do voso gusto.

Felices novidades!!!

Felices aventuras!!!



TALLER CREATIVO: PULSEIRAS DE FÍO

 Ao alumnado ofréceselle a participación nun taller de creación de pulseiras de fío, a creación destas pulseiras é sinxela.

A primeira parte é crear, con cartón, o bastidor que será soporte básico para soster os fíos o sobre o que texer a pulseira.

É importante ter controlada a técnica que é sinxela e repetitiva, pero que amosa rápidamente os resultados, pulseiras de cor que poder vestir nos pulsos de alumnado e profesorado.

  

 

 

 

 



STEAM: Creando historias con LEGOS

 



viernes, 24 de febrero de 2023

STEAM: Creando historias con LEGOS

Os legos son unha actividade divertida para nenos e nenas, fan construccións, imaxinan mundos marabillosos e ademais... escriben historias.

Esta historia merece ser vista e escoitada.

Creamos, Imaxinamos, Escribimos.



ENTROIDO 2023

 Este entroido no noso centro foi unha gran experiencia, temos un gran número de eventos que facervos chegas e que sirvan para recordar.





Aquí deixamos algunhas imaxes e os enlaces as redes sociais.

https://www.instagram.com/p/CosNKFct3Sr/?utm_source=ig_web_copy_link

https://www.instagram.com/p/Cozg6p-NZYP/?utm_source=ig_web_copy_link

https://www.instagram.com/p/CpD4ntXtWYu/?utm_source=ig_web_copy_link





jueves, 23 de febrero de 2023

DIA DE ROSALIA DE CASTRO

Hoxe 23 de febreiro de 2023, como todos os anos, temos unha lembranza especial para a GRAN autora Rosalía de Castro. 

Nenos e nenas do noso centro fixeron diferentes actividades para lembrar a vida e obra de Rosalía.

O alumnado de 6º de Educación Primaria visitaron as diferentes aulas falando da súa biografía e recitaron algúns dos seus poemas.


Outras aulas traballaron intensamente na imaxe da escritora creando coma Andy Warhol.


E algún ciclo uníu a súa imaxe a a súa obra. Gran resultado.







STEAM: Creando historias con LEGOS

 Un grupo de alumnas, tirando da súa imaxinación, crearon unha historia apoiada na súa composición con LEGOS. 

Creamos, Imaxinamos, Escribimos



TORNEO DE XADREZ

Esta próxima semana iniciará o Primeiro Torneo de Xadrez do Mosteirón.

Este ano enfrentará a alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria. 

Temos unha morea de inscritos.

Moitísima sorte a todos e todas.



miércoles, 22 de febrero de 2023

ROBÓTICA EN O MOSTEIRÓN

 Temos unhas novas moi importantes e interesantes para todos e todas vós.

Temos unha nova incorporación na nosa zona STEAM da biblioteca e, concretamente, na zona de robótica.

Estamos a preparar un novo robot para aprender, é un Robot mBot.

Vide a aprender e desfrutalo!!!!



jueves, 16 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023

 As máscaras son un gran elemento que forma parte do entroido.

Este taller no colexio foi marabilloso.

Moitas grazas pola aprendizaxe.





miércoles, 15 de febrero de 2023

STEAM: Creando historias con LEGO SPIKE

 A caixa de Legos Spike foi unha das últimas incorporacións ao noso apartado STEAM.

Alumnos e alumnas están iniciando as súas primeiras creacións que utilizan para escribir breves composicións.

Creamos, Imaxinamos, Escribimos

 

lunes, 13 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023 EN BIBLIOMOSTEIRÓN

 Xa estamos a uns poucos días deste marabilloso ENTROIDO 2023.


A nosa biblioteca está chea de roupas diferentes, disfraces e complementos para facer destes días unha gran experiencia. Moitas grazas a todos e todas os que axudaron coas súas doazóns.

¿Estades preparados para a diversión? 



ROBÓTICA EN O MOSTEIRÓN

 Xa coñecedes que vimos de ter a gran noticia de que o noso colexio forma parte do Proxecto de Bibliotecas Creativas e que vimos de ter unha importante sesión formativa e informativa que levará a dar un gran paso adiante  na nosa biblioteca.

Pois nesta sesión recibimos un gran regalo para todos e todas.

TEMOS UN ROBOT NUEVOOOOO

Un escornabot, vide a coñecelo.



jueves, 9 de febrero de 2023

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Continuamos ca formación de usuarios pouco a pouco van pasando todos os niveis.

Hoxe é o día de 6º de Educación Primaria



CREANDO CON LEGO SPIKE

Hoxe foi un día de aprendizaxe había que crear con LEGO SPIKE.

Nenos e nenas de terceiro de educación primaria crearon diferentes figuras con movemento.

Seguiremos creando e aprendendo. 

Aquí vos deixamos un exemplo.



miércoles, 1 de febrero de 2023

NOVIDADES MES DE FEBREIRO 2023

Nicoleto sigue moi activo. Hoxe estivo colocando na nosa Biblio moitas novidades para seguir desfrutando na lectura.

A nosa mascota tivo o detalle de situalas por cores, según a identificación das seccións.

Esperamos sexan do voso agrado.

Felices novidades!!!!

Felices aventuras!!!