viernes, 21 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO: SABELA NÚÑEZ SINGALA

Terceira autora que temos esta Semana do Libro na BiblioMosteirón: Sabela Núñez Singala

Esta escritora é a autora dun dos libros que temos no itinerario lector: O agasayo de Anya.

Hoxe estivo con nós explicando, a través dun marabilloso conto a historia de Xiana e Anya como xurdíu e como escribíu esta estupenda historia.

Les a historia de Xiana e Anya foi estupenda pero coñecer como foi creada fixe que aínda teñamos ganas de volver a empezar o libro. 

Esperamos unha nova visita e... xa sabes, levas ideas para a segunda parte. Volve con Anya e Xiana outra vez, son preciosas.

MOITÍSIMAS GRAZAS SABELA!!!! 


martes, 18 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO: MARÍA CANOSA

 Continúa a nosa semana do libro coa visita dunha nova autora: María Canosa.

María visitou o noso centro e a nosa biblioteca.

Estivo contando a súa experiencia como escritora de éxito ao noso alumnado.

A lectura do libro foi marabillosa.

Esperamos verte pronto cunha nova historia

MOITÍSIMAS GRAZAS MARÍA!!!!



SEMANA DO LIBRO: CONCHA BLANCO

 Xa estamos mergullados na Semana do Libro e temos a primeira visita dunha das autoras que nos visitarán.

CONCHA BLANCO estivo na nosa biblio transmitido o seu gran saber aos nosos alumnos e alumnas.

Aprendimos moitísimo do seu bo facer e da súa inmensa creatividade.

Falou acerca da súa vida e, sobre todo, da súa marabillosa obra.

MOITÍSIMAS GRAZAS CONCHA!!!!



XVI Feira Matemática

 BIBLIOMOSTEIRÓN  estivo representada na XVI Feira Matemática en A Coruña.

Estivemos representados por alumnos e alumnas de Educación Infantil, primeiro, quinto e sexto de Educación Primaria.

Estivo marabillosa!!

Canto aprendimos!!

Canto nos divertimos!!

Repetiremos, seguro.




lunes, 17 de abril de 2023

CONTACONTOS: A XANELA DO MAXÍN: "SORPRESA!"

Iniciamos a nosa semana do libro.

Iniciamos dun xeito especial. Un CONTACONTOS.

O grupo A Xanela do Maxín representa a historia SORPRESA!

Unha experiencia divertida e sustentable na que sorpresa tras sorpresa e con poucos elementos crearemos un mundo deseñado para rir e aprender ao mesmo tempo.

Que divertida!
Que ben o pasamos!




viernes, 14 de abril de 2023

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO 2023

 Este curso, a Semana do Libro, vai xirar arredor da visita de tres autoras importantes tanto para o noso itinerario lector como para o noso proxecto creativo.

Estas autoras son:

O noso proxecto para esta semana vai xirar arredor das biografías destas autoras e a súa obra. Por iso temos orientadas as nosas actividades según o siguiente proxecto (Preme na imaxe).


Basearemos as nosas creatividades nas biografías das autoras e basearemos a creación dun libro como se fose unha receita calquera. Tedes as plantillas se premes aquí.

miércoles, 12 de abril de 2023

STEAM: Novas incorporaciones

 Incorporamos á nosa zona STEAM novos materiais para poder traballar e comprender como evolucionan os seres vivos. 

Esperamos poidades desfrutar destas novas incorporacións.

 

 


martes, 11 de abril de 2023

Semana do libro: Recomendacións lectoras

 Preparamos a nosa gran Semana do Libro

Vai estar chea de visitas de varias autoras: María Canosa, Concha Blanco e Sabela Núñez Singala.

Nicoleto fixo unha búsqueda de varios libros das autoras. Imos preparar as visitas. 



martes, 4 de abril de 2023

STEAM: Creando historias con construccións (Engineering)

 Hoxe abrimos un novo xogo de construccións na nosa zona STEAM.

Os alumnos e alumnas fixeron unha pequena creación de enxeñería. IREMOS MELLORANDO.

Non desaproveitaron a ocasión para inventar unha pequena historia.

Creamos, Imaxinamos, Escribimos