viernes, 29 de diciembre de 2023

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

 O alumnado de 6º de Educación de Primaria, cos libros expurgados da biblioteca, animáronse a construir esta fermosa árbore de Nadal para decorar o centro e darlles unha segunda vida a estes libros. 

Parabéns, bo traballo rapazas e rapaces!


miércoles, 20 de diciembre de 2023

LECTURAS DE NADAL

 Con motivo da chegada o Nadal Nicoleto montou na biblioteca unha exposición de libros relacionados con esta temática.  

Esperamos que vos guste e desfrutedes coa súa lectura tanto coma el.



lunes, 18 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2023

 Ola familias!

Este primeiro trimestre xa está a piques de rematar e Nicoleto non quere marchar de vacacións sen deixarvos algunhas recomendacións lectoras cheas de maxia e fantasía.

Boas festas!





sábado, 9 de diciembre de 2023

AS MASCOTAS PARAOLÍMPICAS INVÍTANNOS A UNHA SESIÓN DE CINE

  Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade as nenas e nenos dos distintos cursos recibiron nas súas aulas unha carta da mascota paraolímpica da súa sede. Nela presentábase, contaba a súa historia e  invitaba ao alumnado a subir á biblioteca do centro para desfrutar dunha sesión de cortos relacionados coa temática desta data.

Ademais, as alumnas e alumnos do 3º ciclo de Educación Primaria tamén tiveron unha charla impartida por un mestre do colexio na que lles falou da súa discapacidade auditiva.




lunes, 4 de diciembre de 2023

MES DA CIENCIA

 Durante o mes de novembro na biblioteca de Vila Olímpica de Mosteirón o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria estiveron a resolver distintos retos científicos relacionados coas olimpíadas, o tema do noso PDI neste curso.





MASCOTA OLÍMPICA DE VILA MOSTEIRÓN

 En Vila Mosteirón precisabamos unha mascota que nos representara nestas olimpíadas. Por iso, en colaboración co equipo de plurilingüismo, propuxemos ao alumnado participar neste concurso no que tiñan que deseñar unha mascota para tal fin.

Os resultados foron espectaculares. 

Estas foron as mascotas finalistas.



domingo, 3 de diciembre de 2023

Nicoleto preparou uns photocalls para que saquedes fotos cos vosos libros e contos de lectura favoritos deste 2023. Está desexando saber cales foron, serán os mesmos que os seus?



Estes parece que foron algúns dos libros favoritos para as nenas e nenos de 2º.