jueves, 25 de enero de 2024

CONTACONTOS COAS FAMILIAS

 A pasada semana as nenas e nenos de 1º de Educación Primaria e de 4º de Educación Infantil tiveron unha sesión de contacontos do máis divertida e especial levada a cabo por dúas familias do centro. 

Moitas grazas  pola vosa participación familias. Estamos desexando repetir!



 

martes, 23 de enero de 2024

DÍA DA PAZ

Con motivo desta conmemoración Nicoleto preparóunos  na biblioteca unha exposición de libros e contos relacionados co DÍA DA PAZ para que poidades gozar coa súa lectura. Pero iso non foi todo, tamén nos propuxo un reto, facer unha pomba de origami. Seredes quen de logralo? Seguro que sí.