jueves, 28 de abril de 2022

A imprenta do Mosteirón

Ao rematar o segundo trimestre organizamos una obradoiros sobre o proxecto de centro; a liña do tempo. Na biblioteca, como non podía ser doutro xeito, investigamos co gran invento da imprenta!!

Podedes ver aquí un resumo:

lunes, 18 de abril de 2022

Semana do libro 2022

 Boas a todos e todas!

Xa está aqui a semana máis importante da nosa biblioteca; A semana do libro!!

Como ben sabedes, cada clase traballou cun conto para realizar unha actividade chamada En_caixa_contos. 

Neste actividade, cada grupo tiña que plasmar a esencia do conto nunha caixa de madeira.... quedaron ESPECTACULARES! Parabéns a todos e todas!

Durante a semana do libro e os resto do trimestre, teredes dispoñibles as caixas para levar a clase. Cada caixa ten pendurada un código QR que podedes escanear para escoitar o conto. Por suposto, tamén tedes o libro!

Convidámosvos a ler, escoitar, actuar, experimentar e gozar co libro e compartir as vosas experiencias con toda a comunidade educativa. 

Pinchade a imaxe para poder ver todas os En_Caixa_contos!





FELIZ SEMANA DO LIBRO 2022!!


domingo, 3 de abril de 2022

Novidades Marzo 2022

 Ola familias!!

O segundo trimestre está a piques de rematar e para darlle a benvida o mes de abril, compartimos algúns títulos novos que mercamos no mes de marzo. 




FELIZ LECTURA!!!