martes, 31 de octubre de 2023

A MALETA LITERARIA: CONTOS PARA UN PLANETA

 Durante o mes de Outubro o alumnado poido desfrutar dos recursos ofrecidos polo  CEIDA na maleta literaria "Contos para un planeta". 

Un estupendo recurso  grazas ao cal os nenos e nenas  achegáronse, a partir da literatura,  a mundos máxicos que están moito máis preto do que se imaxinan e coñeceron criaturas e seres incribles imprescindibles para a vida na terra.







viernes, 27 de octubre de 2023

O SAMAÍN

 O SAMAÍN CHEGA Á BIBLIOTECA DE MOSTEIRÓN

A semana pasada tivemos a grande sorte de contar coa visita de Eva García, unha esteticista profesional que colaborou co cole realizando un obradoiro de maquillaxe e uñas terroríficos para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria 

Nenas e nenos idearon os seus propios deseños de Samaín e Eva fíxonos, en directo, a demostración de como se fan algúns deles.

Os resultados foron espectaculares.


Moitas grazas pola túa colaboración Eva!

Pero isto non foi todo, pois tamén poidemos desfrutar dunha actividade do máis arrepiante que preparou o equipo de plurilingüismo. Tratouse dun túnel do terror que nos conducía ata biblioteca. 





jueves, 26 de octubre de 2023

 DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar o Día das Bibliotecas, este ano preparamos unha actividade moi especial na que as nenas e nenos escolleron o seu libro favorito para recomendarllo aos demais compañeiros e compañeiras.

Para iso fixeron un debuxo da súa portada no que indicaron o título da obra e autor/a.

Con todas as producións fíxose unha exposición no tabolerio do corredor principal do cole para que todas e todos poidamos desfrutar das recomendacións.

Mirade o resultado!

 




viernes, 13 de octubre de 2023

BIBLIO PATIO

 Xa está en circulación o noso BIBLIO PATIO para que as nenas e nenos poidan desfrutar dos seus recursos nos tempos de lecer.




 

lunes, 9 de octubre de 2023

 INAUGURAMOS A BIBLIOTECA DE VILA MOSTEIRÓN 

Iniciamos o mes de outubro coa inauguración da nosa biblioteca escolar partindo do tema escollido este curso para traballar no PDI de centro  "As olimpíadas".  

Nenas e nenos dos distintos cursos formáronse como usuarios da biblioteca a partir dunha serie de xogos moi divertidos nos que tiñan que seguir as pistas dadas para atopar todas as pezas dos quebracabezas das sedes olímpicas.

A continuación vos deixamos un video resumo da actividade.