domingo, 27 de noviembre de 2022

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS


Este mes de novembro a nosa biblioteca presentou diferentes experimentos e retos ao noso alumnado.

Foron varios os experimentos feitos con auga.

Tamén traballamos a enxeñaría construindo barcos con materiais variados tanto de refugallo como reutilizados.

Non perdas o seguinte vídeo, foi unha experiencia estupenda.

Preme na imaxe para ver o vídeo.




Deixamos o enlace a unha pequena biblioteca científica. Preme aquí.

sábado, 26 de noviembre de 2022

25_N: Mergullados nun mar de igualdade

Daniela Pirata

O venres 25 de Novembro, Día Internaciona contra a Violencia de Xénero, os nenos e nenas do noso centro xuntámonos para visibilizar este día e dar a nosa pequena aportación en contra da violencia de xénero.

O libro "Daniela Pirata" foi o protagonista na nosa biblioteca e tamén nas nosas aulas.

Nenos, nenas e profesorado estivemos xuntos cantando para dar forza a esta loita.

Pasámolo xenial!

Preme na imaxe para ver o vídeo.





lunes, 21 de noviembre de 2022

MATERIAIS ZONA STEAM


Incrementamos a dotación de materiais e xogos para a nosa zona STEAM, no deixes de solicitar estes materiais nas visitas á biblioteca ou para a túa aula.



jueves, 3 de noviembre de 2022

CELEBRANDO O SAMAÍN


 O TÚNEL DO TERROR

Na imaxe poder ver a nosa selección de libros terroríficos que estivo exposta con motivo desta festividade.

A celebración de  O Samaín foi dun xeito especial. O grupo de Plurilingüismo preparou unha actividade terrorífica e moi divertida: O TÚNEL DO TERROR, que tiña a súa orixe na saída da biblioteca.

Desfrutámolo tanto nenos e nenas coma o profesorado.

Foi aterradoramente divertido.

Preme na imaxe para ver o vídeo.