viernes, 8 de mayo de 2026

VISITA AUTOR

 One o alumnado de 4º de Educación Primaria recibiron a visita de Carlos López, escritor de Pinto e Chinto para comentar coas nenas e nenos o libro "Cámbiache o conto", o cal leron recentemente dentro do itinerario lector.

Ademais de falar sobre o libro o autor explicoulles curiosidades doutras das súas obras, houbo un momento de entrevista por parte dos rapaces e rapazas e sinatura do libro.




martes, 5 de mayo de 2026

APADRIÑAMENTOS ESCRITORES

 Este derradeiro mércores de abril tivemos unha vez máis os apadriñamentos entre o alumnado. 

Nesta ocasión cambiamos a actividade que viñamos a facer neles e propuxémoslles traballar xuntos a escritura.

Para iso démoslles unhas plantillas con viñetas de cómic relacionadas co tema do noso Pdi, a volta ao mundo, e o que tiñan que facer era inventar xuntos unha historia a partir desas imaxes e logo completar os bocadillos das mesmas.

Os resultados foron, unha vez máis, estupendos.




viernes, 24 de abril de 2026

NOVAS INCORPORACIÓNS

 Estes días chegou á nosa biblioteca unha nova colección de libros moi demandada polo alumnado do terceiro ciclo: Os Megatoxos.

Agardamos que desfrutedes coa súa lectura.



MANUEL FRAGA

 Esta semana as nenas e nenos de quinto de primaria tiveron a sorte de recibir a visita de Manuel Fraga, escritor e creador da obra "Papá Caníbal", a cal teñen no seu itinerario lector.

Grazas a esta visita poideron descubrir moitas curiosidades da obra e  resolver moitas dúbidas sobre a mesma.

Grazas pola visita!




miércoles, 22 de abril de 2026

DÁI DO LIBRO 2026


Esta semana, con motivo da conmemoración do día do libro, que se celebra o 23 de abril, a rapazada de 5º EP está a contar contos, pois crearon un... Teatro de Sombras Chino!

Usan unha lanterna que proxectan nunha parede e, despois, con todo o material que prepararon, contan un conto que eles/elas mesmos/as tamén crearon.

O alumnado relacionou este proxecto co PDI do centro, os continentes, e viaxaron ata China para ensinarnos esta idea tan innovadora. 

Noraboa compañeiros/as por todo o voso esforzo!





Ademais, as nenas e nenos de primaria crearon estas maletas viaxeiras nas que recomendan o seu libro favorito para levar de viaxe. 








lunes, 20 de abril de 2026

MOSTEIRÓN NAS ONDAS

 Nova entrega de Mosteirón nas Ondas

Que novas e curiosidades nos contarán esta semana os nosos compañeir@s do segundo A.

Estamos desexando escoitalas.



miércoles, 15 de abril de 2026

 Por unha biblio inclusiva!

O 15 de abril recibimos unha nova maleta das solicitadas na Asesoría de Bibliotecas. 

Esta vez céntrase na inclusión e está exposta para que todo o alumnado que queira poida acceder aos seus contidos.

Agardamos que vos guste!



martes, 14 de abril de 2026

OBRADOIRO DE RADIO

 O venres 10 de abril o alumnado de 4º de Educación Primaria participou nun obradoiro de radio a cargo de  Arturo Trillo.

Nel traballaron a oratoria dun xeito moi dinámico e lúdico.

Foi unha actividade coa que nenos e nenas aprenderon moito.




sábado, 14 de marzo de 2026

SEMANA DA PRENSA

Con motivo da conmemoración da Semana da Prensa, desde o equipo de biblioteca propuxemos esta actividade aos titores e titoras para traballar co alumnado.

Nel tiñan que inventar novas a partir dun ou varios sons relacionados coas viaxes e a volta ao mundo: Un avión aterrando, o corno dun barco, o himno dun país, un djembe soando,...  foron algúns dos sons elexidos polos mestres para tal ocasión.

Para poder redactar e organizar ben a súa nova, primeiro fixeron un traballo de investigación para descubrir de que partes consta unha noticia e o que se recolle en cada apartado. 

Feito isto, organizados por equipos de traballo crearon e redactaron as súas novas para  o xornal "Mosteirón Travel".

Estes son algúns exemplos 




jueves, 12 de marzo de 2026

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

 Onte o alumnado de 1º de Educación de Primaria desfrutou  dunha sesión se contacontos ofertada polo concello de Sada, no que o tema central da obra centrábase na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. 



PURO TEATRO

Hai uns días contamos na nosa biblioteca cun novo recurso que está a ter moita aceptación entre o alumnado. Trátase dun teatrillo.

Nos momentos de lecer o alumnado voluntario sube á biblioteca representar nel aos seus compañeiros e compañeiras distintos contos e obras nos que eles e elas son os encargados de preparar todo o traballo previo que supón: invención da historia, elección e creación dos personaxes, posta en escena,...

Os resultados están sendo espectaculares.




 

lunes, 9 de marzo de 2026

DÍA DA MULLER

 Este domingo celébrase o 8M, o Día da Muller, por iso na biblioteca fixemos unha exposición con moitos dos libros que temos relacionados con esta temática para que alumnado e profesorado poidese desfrutar deles.

Ademais ao longo de toda a semana, o alumnado nos tempos de lecer poido participar nun obradoiro de mandalas co símbolo da muller e do 8M.






E entre todos os nenos e nenas do centro creamos este gran mural sobre "A muller máis importante da miña vida", no que cada quen aportou a fotografía ou debuxo da muller máis importante.