jueves, 19 de mayo de 2022

Enquisa biblioteca alumnado

 Ola nenos e nenas!!

Na seguinte ligazón podedes facer a enquisa da biblioteca deste ano. É moi importante que o fagades para poder mellor todo o que estamos a facer!


https://docs.google.com/forms/d/1pHTeUMFTIrAsIk9DnK2cWP7VNGpq2TvgbXxsY7GbBwQ/edit


MOITAS GRAZAS!!!!

martes, 10 de mayo de 2022

Obradoiro de robótica en 5º

 O alumnado de 5º de Educación Primaria comezou neste de mes de maio un obradoiro de robótica e TIC. A clase está a aprender como funciona a programación robótica co material de LEGO spike. 

Mentres tanto, outro grupo está a aprender como editar son co programa Audacity. Mais adiante poderemos aprender como editar vídeos..... un conxunto tecnolóxico que dará moito xogo!

WATCH THIS SPACE!

      

BookFace

 Ao longo do mes de abril, cadrando coa celebración da semana do libro, durante o tempo de lecer na biblioteca participamos nunha actividade chamadao BOOKFACE.

Nesta proposta, o alumnado formou parte dunha portada dun libro e os resultados foron moi graciosos!







martes, 3 de mayo de 2022

Novidades Abril 2022

 Ola!!

Outro mes máis, estivemos a tope catalogando libros novos así como facendo moitas actividades interesantes!

Pinchando na imaxe podedes ver algúns títulos mercados. Os de este mes son libros relacionados coas nosas emocións. 


Pinchando na imaxe de cada libro podedes ler o seu resume!

BOA LECTURA!!




lunes, 2 de mayo de 2022

Contacontos con Sabela Gago

 O alumnado de 3º de Educación Primaria gozaron dun contacontos da man de Sabela Gago, invitada pola editorial SM. 

Os nenos e as nenas exploraron coa imaxinación, as palabras e pasárono xenial!!