martes, 31 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

 O FEITIZO DA PAZ

As diferentes aulas elaboraron un ingrediente co que facer a receita perfecta para lograr a PAZ.

A receita preparámola no corcho grande da entrada. 

Aquí tedes o resultado. ISTO SÍ QUE É UNHA PAZ MOI ELABORADA.

Grazas a todos o todas.



DÍA DA PAZ

 Hoxe estamos a conmemorar o día da Non Violencia e da Paz nas escolas.

O noso exercicio deste ano comenzou ca lectura do libro "Salma y Lily", que tivo unha gran aceptación entre todos os nenos e nenas do colexios. ¿Lembrades?


Este libro inspirou grandes palabras que indicaban boa convivencia, Paz, armonía e outras moitas máis que plasmamos en moldes de madalenas e, con elas, convertimos a nosa pomba nunha gran pomba branca da PAZ.



lunes, 30 de enero de 2023

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Unha vez máis estamos todo o profesorado do centro reunidos na biblioteca para ter unha posta en común de novidades incorporadas tanto en libros como en xogos, instrumentos dixitais...

É un momento de traballo  e formación que permitirá unificar criterios e orientacións e dar un impulso máis á biblioteca nas nosas aulas.

Grazas a mestres e mestras pola colaboración.




miércoles, 25 de enero de 2023

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS DO DÍA DA PAZ

Nicoleto ten unha pequena selección de libros con temática asociada ao día da Paz para todos vós na biblioteca. 

El xa vai lendo algúns.

Non esquezades preguntarlle cal é o seu favorito!!!



lunes, 23 de enero de 2023

DÍA DA PAZ. Actividades preparatorias

Hoxe empezamos unha semana con actividades relacionadas co Día da non-violencia e a Paz. 

Amosamos o detalle da actividade e o punto de partida do mural. Xa veredes que bonito queda.

Empezamos!!!!

miércoles, 18 de enero de 2023

FORMACIÓN DE USUARIOS

Continuamos ca formación de usuarios, hoxe temos outro grupo de formación.

Todos e todas observando as cousas importantes para moverse con liberdade e seguridade pola nosa biblioteca.


 

jueves, 12 de enero de 2023

miércoles, 11 de enero de 2023

NOVIDADES DE XANEIRO 2023

Nicoleto estivo hoxe colocando na nosa Biblio moitas novidades para seguir desfrutando na lectura.

A nosa mascotas tivo o detalle de situalas por cores, según a identificación das seccións.

Esperamos sexan do voso agrado.

Felices novidades!!!!

Felices aventuras!!!