Estes días chegou á nosa biblioteca unha nova colección de libros moi demandada polo alumnado do terceiro ciclo: Os Megatoxos.
Agardamos que desfrutedes coa súa lectura.
Estes días chegou á nosa biblioteca unha nova colección de libros moi demandada polo alumnado do terceiro ciclo: Os Megatoxos.
Agardamos que desfrutedes coa súa lectura.
Esta semana as nenas e nenos de quinto de primaria tiveron a sorte de recibir a visita de Manuel Fraga, escritor e creador da obra "Papá Caníbal", a cal teñen no seu itinerario lector.
Grazas a esta visita poideron descubrir moitas curiosidades da obra e resolver moitas dúbidas sobre a mesma.
Grazas pola visita!
Esta semana, con motivo da conmemoración do día do libro, que se celebra o 23 de abril, a rapazada de 5º EP está a contar contos, pois crearon un... Teatro de Sombras Chino!
Usan unha lanterna que proxectan nunha parede e, despois, con todo o material que prepararon, contan un conto que eles/elas mesmos/as tamén crearon.
O alumnado relacionou este proxecto co PDI do centro, os continentes, e viaxaron ata China para ensinarnos esta idea tan innovadora.
Noraboa compañeiros/as por todo o voso esforzo!
Ademais, as nenas e nenos de primaria crearon estas maletas viaxeiras nas que recomendan o seu libro favorito para levar de viaxe.
Nova entrega de Mosteirón nas Ondas
Que novas e curiosidades nos contarán esta semana os nosos compañeir@s do segundo A.
Estamos desexando escoitalas.
Por unha biblio inclusiva!
O 15 de abril recibimos unha nova maleta das solicitadas na Asesoría de Bibliotecas.
Esta vez céntrase na inclusión e está exposta para que todo o alumnado que queira poida acceder aos seus contidos.
Agardamos que vos guste!
O venres 10 de abril o alumnado de 4º de Educación Primaria participou nun obradoiro de radio a cargo de Arturo Trillo.
Nel traballaron a oratoria dun xeito moi dinámico e lúdico.
Foi unha actividade coa que nenos e nenas aprenderon moito.