domingo, 28 de mayo de 2023

Enquisa de Avaliación da Xestíón da Biblioteca

Na seguinte ligazón atoparedes unha ferramenta que nos axudará a mellorar a xestión e os recursos da nosa biblioteca.

É moi importante que o fagades para poder mellorar todo o que estamos a facer!

Acceso á enquisa


MOITAS GRAZAS!!!!

sábado, 27 de mayo de 2023

CONTACONTOS CON VALORES

Un grupo de alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria escollen uns contos na biblioteca que, dentro da súa trama, trasladen valores para nenos e nenas.

 

Escollido o libro o analizan, ven como tratar os valores dentro das tramas.

Crean pequenas marionetas cos personaxes que extraen.

Posteriormente preparan o contacontos que farán diante dos máis pequenos do colexio.

Gran resultado.


 

 


viernes, 26 de mayo de 2023

ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL

 No mes de maio chega o momento do alumnado máis pequeno da educación primaria coas actividades ALFIN de creación propia na biblioteca.


O alumnado ten que ler diferentes libros acordes coa súa idade. Unha vez comprendido o libro, analizados os personaxes e comentada a trama, teñen que elaborar unha ficha con diferentes adhesivos que terán que escoller entre un grupo de personaxes, nomes, portadas, editoriales, ... Solo algún deles é o correcto, teñen que escollelo e colocalo na ficha. 

Resultou moi divertido.




TALLER: Creamos arte cos robots_ROBOT-ART

 Iniciamos os talleres de creatividade cos robots. 

O escornatot e o robot mBoot funcionan para dar liberdade á creatividade de nenos e nenas.

Presentamos as primeiras obras:


Tamén queremos deixar algún vídeo de como foi creado por nenos e nenas.

En breve crearemos máis.







lunes, 22 de mayo de 2023

TEATRO DE CREACIÓN PROPIA

 Un grupo de alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria crea unha obra de teatro utilizando como protagonistas os dragóns que fixeron a raíz do taller.

Deciden presentalo ao alumnado do primeiro nivel, é un rotundo éxito e nenos e nenas reclamaron unha nova creación con dragóns.


 

 

 


jueves, 18 de mayo de 2023

TALLER CREATIVO: MARIONETAS DE DRAGÓNS

No mes de maio organizamos na biblioteca, a proposta de dúas alumnas de 6º de Educación Primaria, un taller de marionetas de dragones.

Estas marionetas son elaboradas con papel, cartolina e diferentes materiais funxibles que permiten decoralas e facelas mover.


 

Despois dun gran rato de traballo, decoración e composición das diferentes pezas e unhas instruccións para facilitar o movemento das marionetas, o resultado é diverso e sorprendente.

 

 

 


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das letras galegas vai adicado a Francisco Fernández del Riego, gran intelectual e fundador da Editorial Galaxia.

No colexio o equipo de Dinamización da Lingua Galega prepara unha serie de actividades para conmemorar esta data.

Nas aulas trabállase a biografia de Francisco Fernández del Riego e elaboramos uns marcapáxinas.

 

Despois desfrutamos de música típica en galego, instrumentos típicos e as cancións máis coñecidas do cancioneiro galego achega ao alumnado ás tradicións galegas, motivo do PDI deste ano.

 


 Repatada esta actividade o alumnado le as mellores regueifas (disputa dialéctica improvisada e en verso) de cada aula.

 

E como remate temos un pequeno taller de ecopercusión.

 


viernes, 12 de mayo de 2023

STEAM: Materiais para creatividades

 Hoxe estamos moi contentos polos novos materiais incorporados á zona STEAM.

Incorporamos moitas cousa para que poidades crear sen límites.

Está todo colocado nestas marabillosos carros que permiten levar as cousas dun sitio a outro.

Desfrutádeo!!!!!



martes, 2 de mayo de 2023

STEAM.

Dende o día de hoxe tedes a disposición na biblioteca novos xogos de CIENCIA DIVERTIDA.

Tanto profesorado coma alumnado podedes desfrutar deles tanto na biblioteca como nas aulas.

Enviade os vosos traballos en vídeos e en fotos para poñelos en común e aprender todos e todas xuntos/as.

Grazas.