Mostrando entradas con la etiqueta curso 2023/24. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2023/24. Mostrar todas las entradas

sábado, 25 de enero de 2025

MOSTEIRÓN NAS ONDAS, 2ºB

 Seguimos cos nosos programas de radio semanais. Nesta ocasión foi o alumnado de 2º B o responsable de preparalo.

O luns, no momento lector, todos e todas poidemos escoitalo.

Aquí volo deixamos para que poidades volvelo escoitar.



jueves, 6 de junio de 2024

ENTREVISTA A LUCAS PÉREZ

 Este martes recibimos a visita do futbolista, Lucas Pérez. Una visita que causou moita emoción e expectación entre o alumnado, pois ademais de ter moitos seguidores no cole  descubrimos que estudou tamén en Mosteirón.

Como non podía ser doutro xeito, aproveitamos a ocasión para facerlle unha entrevista na radio. Para iso cada grupo escolleu dúas preguntas para realizarlle. As nenas e nenos representantes das distintas clases foron os encargados de facerlle todas esas preguntas na entrevista.





martes, 4 de junio de 2024

XOGAMOS COA LUZ NEGRA

 Ao longo do curso realizamos distintas actividades coa luz negra na aula sensorial. Actividades nas que pintamos, creamos e xogamos co sentido da vista.






RECANTO DA COCIÑA

 Estreamos un novo espazo dentro da nosa biblioteca, o recanto de cociña. Unha nova zona na que o profesorado dispón dos recursos e materiais precisos para realizar, coas nenas e nenos un sen fin de actividades, receitas, experimentos... 

Como por exemplo esta tarefa que hai uns días, fixo co seu profe, o alumando do primeiro ciclo de primaria para traballar os estados da auga. 




lunes, 3 de junio de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Antes de que remate o curso, Nicoleto preparounos unhas recomendacións lectoras para que durante as vacacións de verán a lectura forme parte tamén das vosas aventuras, viaxes e tempo de lecer.




jueves, 30 de mayo de 2024

VISÍTANOS CARLOS LÓPEZ

 Hoxe o alumnado de cuarto de Educación Primaria recibiu a visita de Carlos López, o autor dunha das obras que este ano teñen dentro do itinerario lector.

Logo de comentar xuntos o libro e de responder a todas as preguntas e dúbidas que nenas e nenos lle plantexaron sobre o mesmo tamén houbo tempo para a firma de libros.





sábado, 25 de mayo de 2024

CONSTRUCIÓNS CON IMANOX

 Estes días as nenas e nenos dos distintos cursos estiveron a crear distintas construcións cos imanox. Algunhas veces eran construcións deseñadas por elas e eles mesmos pero noutras creacións que trataban de reproducir esculturas ou monumentos famosos. 


miércoles, 22 de mayo de 2024

OBRAS DE ARTE CON XIZ DOS XOGOS OLÍMPICOS.

Ao logo desta semana, o alumando de Educación Primaria, estivo realizando enxeñosas obras de arte no patio do colexio.

Con xiz de cores e moita imaxinación, representaron os seus deportes favoritos das Olimpíadas.







martes, 14 de mayo de 2024

OLIMPÍADAS MATEMÁTICAS

Este venres levamos a cabo as Olimpíadas Matemáticas de Mosteirón. 
Unha actividade na que o alumnado, agrupado en pequenos equipos de traballo, tivo que resolver unha serie de retos matemáticos para poder conseguir todas as pezas dun quebracabezas que lles daba información dun libro misterioso que tiñan que atopar na  biblioteca. 
Conseguirían atopalo? Seguro que si. 








CREAMOS CON LÁ

Durante estas últimas semanas o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, na  súa hora de biblioteca semanal, realizaron un obradoiro artístico con lá.
Unha actividade do máis completa, pois previamente a creación das súas obras, houbo un traballo previo de busca de información e investigación na biblioteca.
O resultado non poido ser mellor. 
Ollade que creacións máis bonitas fixeron estas rapaces e rapaces.



lunes, 6 de mayo de 2024

ÚLTIMAS NOVIDADES

 Nicoleto segue a completar o catálogo de libros da nosa biblioteca coas peticións que mestres/as e alumnado lle vai facendo.

Estas son as derradeiras novidades en chegar.

 Agardamos que desfrutedes con elas.



lunes, 29 de abril de 2024

BIBLIOTECA CREATIVA 23-24

 Nicoleto non deixa de traernos novos materiais á biblioteca cos que crear, deseñar e desenvolver a nosa imaxinación. 

Estas foron as súas derraderias achegas: kits de diamond panting e os imanox.

Dous recursos que están a resultar todo un éxito e que están a facer da nosa biblioteca un espazo cheo de creatividade e arte.












jueves, 25 de abril de 2024

MERCADO OLÍMPICO

Este día 23 de abril no cole realizamos  un mercadillo olímpico no que fixemos troco de libros entre o alumnado.

Cada nena e neno tiña un vale que podía intercambiar polo libro que máis lle gustara. 

O resultado non poido ser mellor!!






Pero isto non foi todo, pois al longo desta semana tamén estamos cos amadriñamentos e apadriñamentos lectores os cales iniciamos a través dun xogo de imaxes moi relacionado co noso pdi, no que afillados/ e padriños/madriñas tiñan que buscar á súa parella. 

Como? Pois repartíronse entre os nenos e nenas imaxes de deportes e materiais  deportivos, de tal xeito que cada alumno/a tiña que encontrar a súa parella. 

Momentos máxicos para desfrutar da lectura compartida.




miércoles, 3 de abril de 2024

SEMANA DA PRENSA

 Neste mes de marzo no que celebramos a Semana da Prensa as nenas e nenos metéronse no rol de xornalistas deportivos para crear un xornal deportivo.

A partir de distintas imaxes relacionadas co mundo do deporte e coas olimpíadas inventaron titulares e novas do máis inxeniosas e divertidas.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do seu traballo.









viernes, 22 de marzo de 2024

NOVOS MATERIAIS PARA O NOSO ESPAZO DE BIBLIOTECA CREATIVA

 Estas son as últimas novidades que podedes atopar na biblioteca. Agardamos que vos gusten!

NOVO ROBOT:  BLUE BOT



CENTRO DE FILTRADO DE AUGA



XOGO DE MÁQUINAS SIMPLES


COLECCIÓNS DE PEDRAS, MINERAIS E FÓSILES



XARDÍN DE INTERIOR


jueves, 14 de marzo de 2024

NOVIDADES NA BIBLIO

 Pouco a pouco van chegando á biblio moitos dos libros, contos e materiais que as nenas e nenos van solicitando no buzón "Atrapa ideas" que temos colocado á entrada da biblioteca. É un recurso que está funcionando moi ben e que nos permite coñecer máis de cerca os seus gustos, necesidades, ideas, aportacións,.... para poder darlles resposta.

Estas son as últimas peticións. Agardamos que desfrutedes moito coa súa lectura.





sábado, 9 de marzo de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Frida Khalo, Amelia Earhant, María Pita, Emilia Pardo Bazán ou Ágatha Ruiz de la Prada foron algunhas das mulleres que as nenas e nenos de Educación Primaria estiveron coñecendo estes días.
Logo de investigar e descubrir a súa historia crearon esta estupenda exposición coa técnica do collage.






 Para conmemorar o 8M Nicoleto tamén organizou ao longo desta semana, nos tempos de lecer, un obradoiro de pulseiras. 

Quedaron moi bonitas. 

Temos unhas nenas e nenos neste cole que son uns verdadeiros artistas!