jueves, 25 de abril de 2024

MERCADO OLÍMPICO

Este día 23 de abril no cole realizamos  un mercadillo olímpico no que fixemos troco de libros entre o alumnado.

Cada nena e neno tiña un vale que podía intercambiar polo libro que máis lle gustara. 

O resultado non poido ser mellor!!






Pero isto non foi todo, pois al longo desta semana tamén estamos cos amadriñamentos e apadriñamentos lectores os cales iniciamos a través dun xogo de imaxes moi relacionado co noso pdi, no que afillados/ e padriños/madriñas tiñan que buscar á súa parella. 

Como? Pois repartíronse entre os nenos e nenas imaxes de deportes e materiais  deportivos, de tal xeito que cada alumno/a tiña que encontrar a súa parella. 

Momentos máxicos para desfrutar da lectura compartida.




jueves, 18 de abril de 2024

NOVIDADES NA BIBLIO

 Pouco a pouco van chegando á biblio moitos dos libros, contos e materiais que as nenas e nenos van solicitando no buzón "Atrapa ideas" que temos colocado á entrada da biblioteca. É un recurso que está funcionando moi ben e que nos permite coñecer máis de cerca os seus gustos, necesidades, ideas, aportacións,.... para poder darlles resposta.

Estas son as últimas peticións. Agardamos que desfrutedes moito coa súa lectura.



miércoles, 3 de abril de 2024

SEMANA DA PRENSA

 Neste mes de marzo no que celebramos a Semana da Prensa as nenas e nenos metéronse no rol de xornalistas deportivos para crear un xornal deportivo.

A partir de distintas imaxes relacionadas co mundo do deporte e coas olimpíadas inventaron titulares e novas do máis inxeniosas e divertidas.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do seu traballo.