Con motivo da conmemoración dunha data tan importante como é o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, na biblioteca fixemos unha selección daquelas obras e títulos dos que dispoñemos relacionados con esta temática para que alumnado e mestres/as poidan facer uso delas nestes días.
Estes libros tamén foron usados polos nenos e nenas nos momentos de lecer para levar a cabo unha tarefa de invesgación que Nicoleto (a nosa mascota) lles propuxo para resolver ao logo de toda a semana. Que cal era esta tarefa? Pois veredes, era unha actividade que relacionaba esta data coa temática do noso Pdi.
Cada grupo tiña que buscar unha muller científica do país ou continente que estaba a traballar e facer un pequeno mural sobre ela para logo poder presentar ao resto de compañeiros e compañeiras do cole e todos nutrirnos do traballo dos demais.
E este foi o resultado de tan ardua labor.
PARABÉNS POLO TRABALLO REALIZADO!!!! O RETO FOI SUPERADO CON ÉXITO.

No hay comentarios:
Publicar un comentario