sábado, 14 de marzo de 2026

SEMANA DA PRENSA

Con motivo da conmemoración da Semana da Prensa, desde o equipo de biblioteca propuxemos esta actividade aos titores e titoras para traballar co alumnado.

Nel tiñan que inventar novas a partir dun ou varios sons relacionados coas viaxes e a volta ao mundo: Un avión aterrando, o corno dun barco, o himno dun país, un djembe soando,...  foron algúns dos sons elexidos polos mestres para tal ocasión.

Para poder redactar e organizar ben a súa nova, primeiro fixeron un traballo de investigación para descubrir de que partes consta unha noticia e o que se recolle en cada apartado. 

Feito isto, organizados por equipos de traballo crearon e redactaron as súas novas para  o xornal "Mosteirón Travel".

Estes son algúns exemplos 




jueves, 12 de marzo de 2026

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

 Onte o alumnado de 1º de Educación de Primaria desfrutou  dunha sesión se contacontos ofertada polo concello de Sada, no que o tema central da obra centrábase na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. 



PURO TEATRO

Hai uns días contamos na nosa biblioteca cun novo recurso que está a ter moita aceptación entre o alumnado. Trátase dun teatrillo.

Nos momentos de lecer o alumnado voluntario sube á biblioteca representar nel aos seus compañeiros e compañeiras distintos contos e obras nos que eles e elas son os encargados de preparar todo o traballo previo que supón: invención da historia, elección e creación dos personaxes, posta en escena,...

Os resultados están sendo espectaculares.




 

lunes, 9 de marzo de 2026

DÍA DA MULLER

 Este domingo celébrase o 8M, o Día da Muller, por iso na biblioteca fixemos unha exposición con moitos dos libros que temos relacionados con esta temática para que alumnado e profesorado poidese desfrutar deles.

Ademais ao longo de toda a semana, o alumnado nos tempos de lecer poido participar nun obradoiro de mandalas co símbolo da muller e do 8M.






E entre todos os nenos e nenas do centro creamos este gran mural sobre "A muller máis importante da miña vida", no que cada quen aportou a fotografía ou debuxo da muller máis importante.




martes, 3 de marzo de 2026

MOSTEIRÓN NAS ONDAS

 Queres descubrir as últimas novas do noso cole? Pois non tedes máis que escoitar esta nova entrega do programa de radio.



lunes, 2 de marzo de 2026

MALETA BANDA DESEÑADAS PARA PRIMARIA

 O venres recibimos no cole unha nova maleta das solicitadas na Asesoría de Bibliotecas, "A maleta de banda deseñada". Con todo o seu contido creamos unha exposición no corredor princiapal para que todo o alumnado e profesorado poida ter acceso ao seu contido.

Agardamos que vos guste