viernes, 29 de mayo de 2026

APADRIÑAMENTOS ESCRITORES MAIO

 Nova xornada de apadriñamentos escritores.

Nesta ocasión afillad@s e padriños xuntáronse o bosque do centro para inventar xuntos unha breve historia na que tiñan que crear tanto as ilustracións como o texto. Tan só tiñan unha plantilla en branco con catro viñetas que debían cubrir.






martes, 26 de mayo de 2026

LIBRO VIAXEIRO

 Este curso, nas mochilas viaxeiras que saíron da biblioteca incorporamos un novo recurso. Trátase dun libro viaxeiro que nenas e nenos levaron ás casas para compartir con nós unha viaxe, real ou ficticia, que fixeron ou lles gustaría facer.




CONTACONTOS

 Hoxe todo o alumnado de infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria tivo a sorte de poder desfrutar dunha sesión de contacontos en inglés.




jueves, 21 de mayo de 2026

LA LUZ DE LUCIA

 Hoxe o alumnado de infantil visitou a aula sensorial da nosa biblioteca para desfrutar dunha sesión de contacontos impartida por unha familia.

O conto escollido foi "La luz de Lucía". 

Unha historia preciosa coa que estimulados e traballamos todos os sentidos.





viernes, 8 de mayo de 2026

VISITA AUTOR

 One o alumnado de 4º de Educación Primaria recibiron a visita de Carlos López, escritor de Pinto e Chinto para comentar coas nenas e nenos o libro "Cámbiache o conto", o cal leron recentemente dentro do itinerario lector.

Ademais de falar sobre o libro o autor explicoulles curiosidades doutras das súas obras, houbo un momento de entrevista por parte dos rapaces e rapazas e sinatura do libro.




martes, 5 de mayo de 2026

APADRIÑAMENTOS ESCRITORES

 Este derradeiro mércores de abril tivemos unha vez máis os apadriñamentos entre o alumnado. 

Nesta ocasión cambiamos a actividade que viñamos a facer neles e propuxémoslles traballar xuntos a escritura.

Para iso démoslles unhas plantillas con viñetas de cómic relacionadas co tema do noso Pdi, a volta ao mundo, e o que tiñan que facer era inventar xuntos unha historia a partir desas imaxes e logo completar os bocadillos das mesmas.

Os resultados foron, unha vez máis, estupendos.