martes, 28 de noviembre de 2023

O HEMATOCRÍTICO

Estes días na nosa biblioteca adicamos un espazo a Miguel López, o Hematocrítico, no cal quixemos facerlle unha breve homenaxe.

Unha zona na que están expostos algúns dos seus libros así como un breve resumo da súa biografía e que ao longo destes días visitaremos co alumnado.



lunes, 27 de noviembre de 2023

VESTÍMONOS CONTRA A VIOLENCIA

 Con motivo da conmemoración do 25N, esta semana as nenas e nenos dos distintos cursos estiveron a traballar co conto " Rebelión en la tienda". Logo da súa lectura e análise  o alumnado deseñou a súa camiseta olímpica contra a violencia e estereotipos sexistas.

Todas as camisetas colgámolas no tendal da non violencia que creamos a modo exposición no taboleiro da entrada.

Este foi o resultado.





viernes, 17 de noviembre de 2023

MANDALAS POLO DIWALI

 Con motivo da celebración do Diwali ( o festival máis importante da India no que se festexa o triunfo da luz sobre a oscuridade, do saber sobre a ignorancia e do ben sobre o mal),  participamos nesta actividade proposta polo equipo de plurilingüísmo, na que as nenas e nenos dos distintos niveis deseñaron e crearon distintas mandalas con area e sal. Unhas mandalas que logo alumearon con candeas. 

Ollade que ben quedaron!