viernes, 8 de octubre de 2021

Inauguramos a biblioteca para o curso 2021-2022!

 Xa está inaugurada a biblioteca do CEIP Plurilingüe O Mosteirón!

A idea da inauguración da biblioteca surxe da necesidade de recordar como se usa a biblioteca, onde atopar os diferentes recursos e comprender a maneira de clasificar os libros e catalogación dos mesmos. Isto chámase formación de usuarios

O alumnado de infantil e primeiro de primaria, seguindo o proxecto do centro sobre a historia, convertíronse en paleontólogos e paleontólogas lendo a información das etiquetas de libros que nos daban os códigos QR que atopaban no Xacemento Mosteirón. Coa información da etiqueta poideron atopar o libro. Pinchade na imaxe para poder ver o vídeo!



O alumnado de 2º a 6º de primaria primeiro tiveron unha breve presentación sobre a formación de usuarios.



Ao rematar, participaron nunha busca de tesouro seguindo as pistas de catalogación. 
Pinchade na imaxe para ver o vídeo resumo!