jueves, 29 de enero de 2026

APADRIÑAMENTOS LECTORES DE XANEIRO

 Un mes máis seguimos a adicar o momento lector do derradeiro mércores do mes a realizar esta actividade que tanto gusta a pequenos e grandes, os apadriñamentos lectores.

Momentos de lecturas compartidas que madriñas e padriños preparan con moita ilusión escollendo o conto que lle van ler ao seu afillado/a e ensaiando a lectura. E este é o resultado





STOP MOTION!


O alumnado de sexto estivo traballando coas tablets e o programa Stop Motion na creación dunhas pequenas historias. 

Os nenos e nenas, crearon as maquetas e as personaxes das historias con plastilina, cartóns e outros materiais que elixiron. Despois, puxéronlles voces e déronlles vida!

Anímate a ver os vídeos! Quedáronlles chulísimos!

Preme no seguinte enlace!

https://drive.google.com/drive/folders/1SxAhfQ4Nr_tPdaC-xoBI7-db-c9rfgnA?usp=sharing











martes, 27 de enero de 2026

MOSTEIRON NAS ONDAS

 Seguimos aprendendo cousiñas e descubrindo as novidades do cole grazas aos programas semanais de radio. Cales serán as novas desta semana? Aquí no las contan os nosos compis de 1ºA



lunes, 26 de enero de 2026

DÍA DA PAZ

 Con motivo da conmemoración do Día da Paz na biblioteca creamos unha exposición coa selección daqueles títulos e obras relacionadas coa temática: amizade, solidariedade, empatía, fraternidade,... Unhas obras que titores e titoras están empregando nas aulas no momento de lector para realizar distintas actividades e propostas de lectura e comprensión a partir delas.



lunes, 19 de enero de 2026

MALETAS CULTURAIS

O alumnado de 6º e 5º  estiveron a realizar un traballo de investigación na biblioteca do centro sobre dous países: a India e China. Unha actividade grazas a cal traballaron a busca de información, a selección da mesma e contraste da mesma atendendo ás diferentes fontes usadas e a redacción. 

Como resultado final crearon estas maletas para plasmar todo o aprendido.







lunes, 12 de enero de 2026