domingo, 27 de marzo de 2022

TABÚ HISTÓRICO

 Que ben o estamos a pasar na biblioteca no mes de marzo!

Seguimos co proxecto da historia, e que mellor xogo para traballar a oralidade que o TABÚ!

Usando unhas tarxetas co vocabulario de diferentes etapas históricas, o alumnado ten que explicar a súa palabra sen usar as palabras tabú, usando libros de investigación se fora necesario. 

Unha vez rematadas as cartas, usando unhas pizarras pequenas, o alumnado foi quen de inventar as súas propias tarxetas.

   

miércoles, 23 de marzo de 2022

Visita da autora Andrea Maceiras

O alumnado de 6° de educación primaria recibiron ás escritora Andrea Maceiras, autora do libro que están a ler na clase titulado "Conta no e estrelas". Durante a visita, aprenderon sobre o proceso de escritura e tamén poideron facerlle as súas preguntas.

miércoles, 2 de marzo de 2022

Contacontos históricos

Ao longo do mes de febreiro, durante o tempo de lecer, ao alumnado aproveitou a súa visita á biblioteca para participar nun obradoiro de oralidade e escritura. 

Usando dados de contos coa temática de prehistoria e medieval, puideron inventar as súas propias historias cos resultados dos dados. 

Traballamos a cronoloxía dun conto así como as súa estrutura, adxectivos.......