jueves, 29 de febrero de 2024

VISÍTANOS LEDICIA COSTAS

 Onte na biblio do cole o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria recibiu a visita de Ledicia Costas, unha das escritoras que este curso temos no itinerario lector.

Foi unha grande experiencia na que nos explicou e contou moitas cousas relacionadas coas personaxes dos seus libros. 

Pero nós démoslle tamén unha sorpresa moi bonita,  pois algúns nenos léronlle un poema que escribiron para ela.




DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Este ano para conmemorar o Día de Rosalía realizamos co alumnado un taller de puntillismo co retrato de autora, no que nenas e nenos desenvolveron ao máximo a súa creatividade.

Os resultados foron fantasticos. 

Aquí vos deixamos unha mostra.







jueves, 22 de febrero de 2024

PINOCHO

 PINOCHO foi o conto elexido pola mamá que onte visitou a nosa biblioteca para facer desfrutar a todo o alumnado de educación infantil dunha sesión de contacontos que estivo acompañada de cancións, xogos e dramatizacións. 

Pasámolo en grande.

Moitas grazas familia!!




DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro foi o  Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia; unha data que Nicoleto nos invitou o conmemorar con dúas propostas de actividade ben interesantes. 

A primeria dela, estaba un pouco máis relacionada co PDI de centro e consistía en deseñar unha medalla centrándonos nunha muller española destacada no mundo do deporte. A segunda era un xogo de robótica no que tiñan que levar ao robot a imaxe da muller indicada para logo buscar información sobre ela nos libros da expostos.







martes, 6 de febrero de 2024

ATRAPA IDEAS

 Nicoleto colocou na entrada da biblioteca un buzón para que deixes nel as vosas ideas de actividades, suxestións de libros, xogos ou materiais que vos gustaría atopar nela, opinións sobre o seu funcionamento, organización,..

Agardamos as vosas propostas!





viernes, 2 de febrero de 2024

O ENTROIDO CHEGOU!!

 O entroido xa chegou á bibioteca de Vila Mosteirón.

Exposición de libros relacionados coa temática, obradoiro de máscaras,  xogos e dramatizacións con desfraces son  algunhas das propostas que Nicoleto preparou para estes días.



Parece que alguén xa se animou a participar nas propostas!!





EL HILO INVISIBLE

 Este venres o alumnado de infantil tivemos unha nova sesión de contacontos coas familias. 

Nesta ocasión o conto elexido foi "El hilo invisible". 

Despois da lectura participamos nun obradoiro moi especial preparado pola familia, no cal creamos a todos os nosos seres queridos e  unímolos polo "fío invisible".