jueves, 30 de marzo de 2023

ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL

O mes de marzo foi un mes no que o alumnado do terceiro ciclo participou nunca actividade de búsqueda de información.

Nunha folla tiñan 20 imaxes de outras tantas persoas que son ou foran parellas.

Estas persoas forman parte das artes, ciencias...

Había que emparellalas en función dos criterios ou pistas facilitadas.

Foi divertido e unha importante aprendizaxe.

Repetiremos con máis actividades deste tipo.






NOVIDADES MES DE ABRIL 2023

Nicoleto xa ten preparadas as novidades do mes de Abril.

Temos grandes títulos incorporados ás diferentes seccións da nosa biblio.

Esperamos os difrutedes.

Felices novidades!!!

Felices historias!!!

Felices aventuras!!!



lunes, 20 de marzo de 2023

jueves, 9 de marzo de 2023

TORNEO DE XADREZ

 Continúa o torneo, nenos e nenas aproveitan os minutos para facer estratexias e grandes movementos de figuras que faciliten o seu triunfo.

Uns/Unhas gañan, outros/outras perden. TODOS E TODAS APRENDEN.

Cada día amamos máis o xadrez.




VISITA AUTORA: ANA ALONSO

Hoxe tivemos a gran sorte de ter a visita da escritora Ana Alonso.

Ana Alonso é a autora dun dos libros que teñen no itinerario lector os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria. Ese libro é Marea Negra.

Esta marabillosa autora contou acerca da súa vida así como da súa traxectoria coma escritora.

Os detalles de como escribiu Marea Negra foron un gran tesouro para todos nós.

A firma de libros ao final foi estupenda, firmou libros a todos os nenos e nenas.

MOITÍSIMAS GRAZAS ANA!!!



miércoles, 8 de marzo de 2023

8M_DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 


Hoxe é un día para homenaxear a todas esas mulleres que forman parte das nosas vidas e visibilizar a igualdade entre sexos e xéneros.

Os nenos e nenas fixeron un traballo de selección e desde as aulas recibimos diferentes mulleres galegas,  importantes en diferentes momentos, diferentes ámbitos das artes ou da cultura ou simplemente importantes por cercanía, este foi o resultado.



Tamén, un grupo  de nenas de 5º de Educación primaria elaboraron un cartel importante que puxeron na entrada da nosa BiblioMosteirón. Ese pelo, con flores de papel é magnífico. UNHA GRAN MULLER.



lunes, 6 de marzo de 2023

8M_DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Esta semana teremos diferentes actividades adicadas á conmemoración e visibilización do día 8 de marzo, día Internacional da Muller.

Nicoleto estivo varios días localizando biografías de GRANDES MULLERES dentro de diferentes ámbitos: ciencias, artes, literatura...

Desde hoxe tedes estes libros expostos na biblioteca.

Non deixedes de vir a buscar esas biografías que máis vos gusten.

Feliz lectura!!!!!


 

viernes, 3 de marzo de 2023

TORNEO DE XADREZ

Esta semana xogáronse as primeiras eliminatorias do Primeiro Torneo de Xadrez de O Mosteirón.

As partidas estiveron moi, pero que moi interesantes. Xa temos os primeiros clasificados e clasificadas.

A próxima semana teremos gañador ou gañadora.

Moita sorte!!!!!