miércoles, 26 de octubre de 2022

LIBROS DE TEMÁTICA DO SAMAÍN

Nicoleto ten, na biblioteca, unha selección de libros de temática asociada a " O Samaín" para todos vós.

El e os seus amigos teñen lidos varios destes libros.

Preguntádelles, eles recomendarán os que máis vos podan gustar.



jueves, 20 de octubre de 2022

CONTACONTOS

 CONTACONTOS DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º E.P.

Esta semana, a maioría dos alumnos e alumnas de 6º curso de educación primaria están na Digital Week.

Mais os nenos e nenas que non foron prepararon uns bonitos contos para expoñelos aos seus compañeiros e compañeiras do primeiro ciclo.

Unha gran experiencia que repetiremos. Foron moitos os aplausos que recibiron.

Repetirémolo, seguro.





martes, 4 de octubre de 2022

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

ESCAPE ROOM: BUSCANDO A NICOLETO 

O pasado venres quedou inaugurada a nosa biblioteca. Mais non foi doado poder acceder a ela.

Nicoleto, a nosa mascota, marchara na procura dos seus amigos, os seres marinos.

Nenos e nenas quedaran atrapados nas aulas e tiveron que participar todos e todas para abrir os candados e saír a axudar a Nicoleto.

Deixamos un vídeo coa nosa aventura. Non o perdades. Foi apaixoante.

Preme na imaxe.






MALETAS VIAXEIRAS

 MALETA MARIÑEIRA

Este ano, dentro do PDI do centro, TRADICIONA-T, a nosa biblioteca estará constituída nun gran océano onde as principais tradicións, oficios e constumes mariñeiras estarán representadas.

Ante esta constitución dun océano na nosa biblioteca, temos expostos os fondos que veñen propostos pola "Maleta Mariñeira" procedente do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). 

Estará en préstamo durante as próximas semanas.

Desfrutádea nas aulas e na biblio.



lunes, 3 de octubre de 2022

Formación usuarios

 A formación de usuarios é algo fundamental para o bo funcionamento en calquera biblioteca. Na nosa incorporamos un novo documento como guía de usuarios.

Resulta importante que alumnado e profesorado coñeza o funcionamento: a distribución dos fondos na biblioteca, onde atopar materiais, onde localizar xogos...

Este novo documento axudará a uns e outros.

Para ver a guía de usuarios preme aquí.