Ao longo desta semanana do libro, parte dos grupos do cole, adicaron o momento lector á analise dos personaxes de contos.
Para iso, previamente seleccionaron o conto sobre o que querían traballar e logo de lelo foron estudando a cada un dos seus personaxes e identificando que rol tiñan dentro do libro (protagonistas, antagonistas, secundarios,...).
Como traballo final cubriron unha plantilla resumo con toda a información recadada.
Con todas elas fixemos unha exposición no corredor principal co fin de que todos poidésemos coñecer e ver o traballo realizado polos outros cursos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario