Tamén como actividade especial para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia, todos os grupos do colexio participamos nuns obradoiros de cociña nos que, partindo do Pdi, cada aula preparou un prato títpico do país ou continente que está a traballar neste momento.
Brochetas de fruta tropical en África, minipizzas en Italia, salmorejo en España ou galletas Anzac en Oceanía foron algunhas das recetas elexidas polos nenos/as para cociñar.
Mirade que ben o fixeron e que boa pinta tiña todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario