viernes, 27 de febrero de 2026

VISITA AUTORA

 O xoves na nosa biblioteca tivemos a sorte de contar coa visita Antía Yáñez, autora dun dos libros que o alumnado de sexto de Educación Primaria leron dentro do seu itenerario lector"Plan de Rescate". 

Grazas a este encontro autora e alumnado poideron analizar xuntos o libro e as nenas e nenos poideron descubrir moitas cousas sobre a historia e os seus personaxes.

Non podía finalizar a visita sen unha firma do seu libro.




jueves, 26 de febrero de 2026

MOSTEIRÓN NAS ONDAS

 E a quenda os peques do cole.

Esocitade que ben fixeron o seu primeiro programa de radio as nenas e nenos de 4º de EI



APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Un mes máis continuamos cos apadriñamentos lectores. 

Os nenos e nenas dos cursos máis altos apadriñan aos compis dos cursos máis baixos para compartir con eles momentos de lectura, diálogo e convivencia. Grandes momentos cos que o alumnado desfruta moito.





DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía cunha actividade moi especial baseada no poema de Rosalía chamado `Para a Habana´. Aquí tedes un fragmento do mesmo:

Vendéronlle os bois, 
vendéronlle as vacas,
 o pote do caldo
 i a manta da cama. 
Vendéronlle o carro
 i as leiras que tiña ;
 deixárono sóio cou ropa vestida.
 “María, eu son mozo, pedir no me é dado ; 
eu vou polo mundo pra ver de ganalo. 
Galicia está probe,
 i a Habana me vou...
 ¡ Adiós, adiós, prendas do meu corazón !”
 “Ánimo, compañeiros!


Os nenos e nenas lérono e falaron da emigración. Despois fixeron unhas pequenas maletas pensando en que levaría Rosalía se fora de viaxe a outro país para dar a coñecer Galicia.









Mírade que ideas máis bonitas!

Pero isto non foi todo, as nenas e nenos de cuarto quixeron profundizar un pouco máis e coñecer algúns outros dos poemas da poetisa, así que subiron á biblioteca do centro a documentarse.
Alí estiveron a traballar sobre outras obras de Rosalía como "Adiós ríos, adiós fontes".






lunes, 16 de febrero de 2026

11 DE FEBREIRO

 Con motivo da conmemoración dunha data tan importante como é o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, na biblioteca fixemos unha selección daquelas obras e títulos dos que dispoñemos relacionados con esta temática para que alumnado e mestres/as poidan facer uso delas nestes días.


Estes libros tamén foron usados polos nenos e nenas nos momentos de lecer para levar a cabo unha tarefa de invesgación que  Nicoleto (a nosa mascota) lles propuxo para resolver ao logo de toda a semana. Que cal era esta tarefa? Pois veredes, era unha actividade que relacionaba esta data coa temática do noso Pdi.

Cada grupo tiña que buscar unha muller científica do país ou continente que estaba a traballar e facer un pequeno mural sobre ela para logo poder presentar ao resto de compañeiros e compañeiras do cole e todos nutrirnos do traballo dos demais. 

E este foi o resultado de tan ardua labor.



PARABÉNS POLO TRABALLO REALIZADO!!!! O RETO FOI SUPERADO CON ÉXITO.

ENTROIDO

 Xa está aquí o entroido e como non podía ser menos a nosa biblioteca xa está preparada para a ocasión.

Estes días nenos e nenas poden desfrutar nela nos tempos de lecer dun obradoiro de máscaras e tamén teñen á súa disposición moitas perrucas, complementos e desfraces para caracterizarse das súas personaxes favoritas ou de todo aquilo onde os leve a súa imaxinación e orixinalidade.

Esperamos que o pasedes ben!!!




viernes, 6 de febrero de 2026

MOSTEIRÓN DAS ONDAS

 Esta semana é a quenda de 5º de EI. Eles e elas foron os que prepararon o programa de radio. 

Escoitade que ben o fixeron



lunes, 2 de febrero de 2026

SABORES DO MUNDO POLA PAZ


Tamén como actividade especial para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia, todos os grupos do colexio participamos nuns obradoiros de cociña nos que, partindo do Pdi, cada aula preparou un prato títpico do país ou continente que está a traballar neste momento. 

          Brochetas de fruta tropical en África, minipizzas en Italia, salmorejo en España ou galletas Anzac            en  Oceanía foron algunhas das recetas elexidas polos nenos/as para cociñar.

           Mirade que ben o fixeron e que boa pinta tiña todo.






 


PAÍSES SEN VOZ

 Con motivo da conmemoración do Día da Paz e da Non Violencia a nosa compañeira Xoana de 6º de Educación Primaria fixo un podcast especial onde nos falou da guerra silenciosa que están a vivir en países coma Somalia e na República Democrática do Congo.

Non deixeles de escolitalo