viernes, 5 de diciembre de 2025

DÍA DA DISCAPACIDADE

 Con motivo da conmemoración desta data na biblioteca preparamos unha exposición de libros relacionados coa temática para que todo o alumnado e profesorado poida usalos tanto nos momentos lectores como en empréstito para levar á casa.


Ademais durante toda esa semana e parte da seguinte, nos momentos lectores, o alumnado dos distintos cursos participou nun obradoiro baseado na presentación e uso dos paneis de comunicación se foron instalando nas distintas zonas do colexio, entre as cales se atopa a biblioteca. O obradoiro foi impartido pola nosa profe Zeltia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario