Para conmemorar esta festividade que gusta tanto entre o alumnado, desde o equipo de biblioteca realizamos distintas propostas.
A primeira dela consistiu nunha exposición de libros de temática relacionada con esta festividade. Esta exposición ubicouse no corredor principal para que todo o alumnado poidese acceder aos libros con maior facilidade e poder empregalos nos momentos de ler ou nas titorías.
Ademais levouse a cabo un obradoiro de decoración de libros de expurgo.
As nenas e nenos tiñan que decorar as súas portadas con motivos alusivos a esta data.
Os mestres/as realizamos unha sesión de contacontos de Samaín para a rapazada.



No hay comentarios:
Publicar un comentario