viernes, 28 de noviembre de 2025

EL PODER DE LAS MARIPOSAS

 Este ano, para conmemorar o 25N, desde o equipo de biblioteca quixemos dar a coñercer  ao alumnado a orixe desta celebración sen esquecernos da temática do noso PDI.

Para iso viaxamos ata a República Dominicana por medio do libro "El poder de las mariposas". Grazas a el nenas e nenos pudieron coñecer un pouco mellor a orixe desta conmemoración.

Nos cursos máis altos realizáronse lecturas compartidas deste libro e nos cursos máis baixos proxectouse un pequeno video do mesmo.

Como cerre da actividade o alumando decorou mariposas en función do seu nivel ( uns pintáronnas, outros escribiron nelas palabras, mensaxes,....) Con todas elas crearonse unhas guirnaldas que xa decoran a nosa biblioteca.



Na biblioteca tamén se creou unha pequena exposición con libros que tratan a temática deste día.



No hay comentarios:

Publicar un comentario