O venres, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas cunha actividade moi especial e que lles gusta moito ao noso alumnado, os apadriñamentos lectores. Cada neno/a xuntouse co seu padriño ou madriña a ler o conto que lles tiñan preparado.
O encontro desenvolveuse entre sorrisos e expectación por parte dos maiores pois, non sabían como reaccionarían os nenos e nenas mais pequenos/as ante o seu conto pero, o resultado final foi moi satisfactorio, tal e como eles indicaron e serviulles tamén para coñecer aos nenos/as e así poder facer unha selección máis axeitada dos libros para o próximo encontro.
Volveremos xuntar o último mércores de cada mes!
Ata pronto
Este día, os pilotos e pilotas de Mosteirón xunto coas azafatas foron repartindo polas aulas as mochilas viaxeiras para que o alumnado as poida levar á casa e desfrutar coas familias do seu contido. Este curso, como novidade, nas mochilas vai un caderno viaxeiro. Trátase dun libriño no que cada nena e neno deberá contarnos unha viaxe que fixo ou lle gustaría facer.
.png)





No hay comentarios:
Publicar un comentario