Con motivo da conmemoración do Día das matemáticas escolares (12 de maio), no centro realizamos esta actividade. Nela, o alumnado, agrupado en pequenos equipos de traballo e misturados por idades, participou en distintos xogos matemáticos deseñados e creados polos propios nenos e nenas.
Para isto creáronse distintas estacións de aprendizaxe polos patios e zonas comúns do cole como a biblioteca ou corredores.
Dous ou tres rapaces (en representación do seu grupo/aula) foron os encargados de explicar e dinamizar a actividade aos seus compañeiros, os cales foron rotando polos distintos xogos matemáticos.
Pinchando no seguinte vídeo atoparedes un pequeno resumo da actividade
No hay comentarios:
Publicar un comentario