Os nenos e nenas de sexto de Educación Primaria crearon un museo no noso centro relacionado coa temática que estaban a traballar na aula, a Prehistoria.
Un traballo do máis completo no que a biblioteca do cole foi para eles e elas a principal fonte de investigación e documentación para poder levalo a cabo así como o estudo no que crearon e deseñaron os distintos materiais que conforman o museo.
Pero o traballo non rematou, pois agora están a facer de guías do museo e explicando os compañeiros e compañeiras dos demais cursos todo o que nel hai.
Parabéns rapaces e rapazas fixestes un grande traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario