Con motivo da Semana da Prensa e sen perder de vista a temática do noso pdi, creamos na entrada da biblioteca este mural: A galaxia literaria.
Unha enorme galaxia á que, ao longo desa semana, as nenas e nenos dos distintos cursos de forma individual, por parellas ou mesmo pequenos grupos de traballo facendo as súas aportacións.
Cada quen podía escoller a categoría ou categorías nas que quería participar. Estas eran: refráns, poesía, adiviñas, receitas, experimentos caseiros, chistes, historias curtas ou trabalinguas.
Elexida a categoría tan só quedaba deixar voar a imaxinación e escribir nun papeliño o resultado.
Nos momentos lectores da seguinte semana cada curso poido subir á biblioteca para descubrir e desfrutar coa lectura das obras dos seus compañeiros/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario