viernes, 21 de febrero de 2025

MATEMAGO

 A biblioteca do noso centro estes días estase a encher de maxia e ilusión grazas á chegada do Matemago.

Unha figura que está traendo aos nenos e nenas dos cursos superiores distintas actuacións nas que a maxia e as matemáticas van unidas.

Logo de desfrutar da función, nenas e nenos teñen dúas misións que cumprir: tentar decubrir a explicación matemática de por que ocorre o que ocorre nos trucos do matemago e inventar o seu propio truco de maxia empregando as matemáticas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario