Ao longo do mes de febreiro o alumnado das distintas clases do centro estivo realizando unha ardua labor de investigación.
Cada grupo foi o responsable de investigar sobre unha rama científica: historia, astronomía, economía ou bioloxía foron algunhas das especialidades traballadas.
Logo de documentarse sobre ela tiñan que recoller, nun pequeno video, os datos máis significativos así como o nome dalguna muller que destacara nesa ciencia.
Con todos os vídeos fíxose unha montaxe para que todas as nenas e nenos do cole poideran velos e aprender co traballo dos compañeiros e compañeiras.
A continuación vos deixamos os enlaces dos vídeos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario