Conmemoramos o Día da Paz coa volta dos apadriñamentos lectores.
Unha actividade que neste curso inauguramos este día cunha actividade moi especial e moi relacionada co noso Pdi de ciencia. Pois nela madriñas, padriños e afillados/as escribiron e debuxaron unha mensaxe de paz para regalar entre eles; unha mensaxe que fixeron chegar aos seus destinatarios dentro dun tubo de ensaio como ben científicos e científicas que somos.
Logo padriños e madriñas leron distintos contos relacionados coa temática deste día; uns día que previamente seleccionaron eles mesmos na biblioteca e prepararon para este día tan especial.
O resultado non puido ser mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario