No Ceip O Mosteirón xa temos preparado o noso calendario para este 2025.
É un calendario moi especial, pois foi deseñado polos propios nenos e nenas do centro. Nel, cada grupo escolleu un científico ou científica galega destacado e adicoulle un mes do ano. Unha tarefa ben laboriosa coa que traballaron moito buscando información sobre o ilustre elexido nos distintos libros informativos da nosa biblioteca e logo tratando de facer o seu retrato.
Esta actividade fíxose en colaboración co equipo de Dinamización Lingüística.
Aquí vos deixamos o enlace para que poidades que ben quedou.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteiron/node/1018
No hay comentarios:
Publicar un comentario