Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade as nenas e nenos dos distintos cursos recibiron nas súas aulas unha carta da mascota paraolímpica da súa sede. Nela presentábase, contaba a súa historia e invitaba ao alumnado a subir á biblioteca do centro para desfrutar dunha sesión de cortos relacionados coa temática desta data.
Ademais, as alumnas e alumnos do 3º ciclo de Educación Primaria tamén tiveron unha charla impartida por un mestre do colexio na que lles falou da súa discapacidade auditiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario