domingo, 30 de noviembre de 2025

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Este curso, para traballar o Mes da ciencia en galego partimos da obra, "La vuelta al mundo en 80 días".

Para iso, pilot@s e axudantes de voo pediron axuda aos nenos e nenas para poder levar a Phileas Fogg polo mundo de viaxe.  E que tiñan que facer? Resolver distintos experimentos realicionados co país que quería visitar.

Aquí vos deixamos un resumo da actividade



viernes, 28 de noviembre de 2025

ÁRBORE DE NADAL

Grazas a colaboración do alumnado de 5º de Educación Primaria o corredor principal da entrada do centro está decorado cunha grande árbore de Nadal que nenas e nenos, coa axuda do seu mestre, deseñaron con libros expurgados. O resultado é espectacular.

Pero para que a imos empregar? En breves descubrirédelo....



EL PODER DE LAS MARIPOSAS

 Este ano, para conmemorar o 25N, desde o equipo de biblioteca quixemos dar a coñercer  ao alumnado a orixe desta celebración sen esquecernos da temática do noso PDI.

Para iso viaxamos ata a República Dominicana por medio do libro "El poder de las mariposas". Grazas a el nenas e nenos pudieron coñecer un pouco mellor a orixe desta conmemoración.

Nos cursos máis altos realizáronse lecturas compartidas deste libro e nos cursos máis baixos proxectouse un pequeno video do mesmo.

Como cerre da actividade o alumando decorou mariposas en función do seu nivel ( uns pintáronnas, outros escribiron nelas palabras, mensaxes,....) Con todas elas crearonse unhas guirnaldas que xa decoran a nosa biblioteca.



Na biblioteca tamén se creou unha pequena exposición con libros que tratan a temática deste día.



jueves, 20 de noviembre de 2025

NOVIDADES

 Esta semana á nosa biblioteca foron chegando novos títulos de libros en lingua inglesa. Agardamos que vos gusten e desfrutedes con eles



martes, 11 de noviembre de 2025

MALETA LIBRO INFORMATIVO

 A semana pasada recibimos no colexio a maleta viaxeira da asesoría dos Libros Informativos para Primaria.

Unha maleta cuxo contido xa temos exposto no corredor principal do centro para que todo o alumnado e profesorado teña acceso a ela e poida desfrutar de todo o seu contido tanto no momento lector como no día a día da aula ao ser unha rica ferramenta de información e apoio para actividades e contidos traballados na aula.




actividades e contidos traballados na aula.

miércoles, 5 de noviembre de 2025

CONTOS DE SAMAÍN NA AULA SENSORIAL

 Estes días o alumnado de Educación Infantil participou dunha sesión de contos na aula senorial.

O conto elexido foi "La casa encantada". Un conto estupendo para desfrutar da súa lectura cos efectos da luz negra.

Non poido gustar máis. 

Rematada a lectura nenas e nenos animáronse a pintar os personaxes do conto con pintura fluorescente




lunes, 3 de noviembre de 2025

SAMAÍN

  Para conmemorar esta festividade que gusta tanto entre o alumnado, desde o equipo de biblioteca realizamos distintas propostas. 

A primeira dela consistiu nunha exposición de libros de temática relacionada con esta festividade. Esta exposición ubicouse no corredor principal para que todo o alumnado poidese acceder aos libros con maior facilidade e poder empregalos nos momentos de ler ou nas titorías.


Ademais levouse a cabo un obradoiro de decoración de libros de expurgo. 
As nenas e nenos tiñan que decorar as súas portadas con motivos alusivos a esta data.



Os mestres/as  realizamos unha sesión de contacontos de Samaín para a rapazada.