jueves, 18 de diciembre de 2025

NOVOS TÍTULOS

 Remata o ano pero a nosa biblioteca segue a ir medrando cada día un pouco máis. Estes son as últimas novidades que foron chegando, moitas delas solicitadas polos propios nenos e nenas no noso buzón de suxerencias da biblioteca. Agardamos que desfrutedes moito da súa lectura.





MOSTEIRÓN NAS ONDAS 2025-26

Semanalmente seguimos cos nosos programas de radio.

Esta derraderia semana do curso, o curso encargado de organizalo e gravalo foi 6º de EI.

Aquí vos deixamos o resultado.



CHEGOU O NADAL A BIBLIO MOSTEIRÓN

Achéganse as festas de Nadal e a nosa biblioteca vestiuse xa para a ocasión.

Todos os libros relacionados con estas festas saíron das súas estanterías para que os teñades máis a man e poidades desfrutar deles. Entre eles hai moitas novidades que foron chegando estes días.

Agardamos que desfrutedes.






Ademais Nicoleto preparounos un calendario de advento para que as nenas e nenos interesados (no tempo de recreo) realicen a actividade proposta para o día. Actividades moitas delas relacionadas coa temática do noso pdi e estas festas ( decoración de bolas de Nadal inspirándose en distintos países, recreación de tradicións navideñas doutros lugares, lecturas compartidas de historias de nadal,...)







miércoles, 17 de diciembre de 2025

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Esta semana recibimos a visita de dous papás. Viñeron á clase de 6º de EI narrar ao alumnado dous contos moi relacionados coa temática do noso Pdi.

Logo da lectura realizaron un xogo para coas nenas e nenos para traballar a compresión das lecturas.

Moitas grazas familias. 



viernes, 5 de diciembre de 2025

DÍA DA DISCAPACIDADE

 Con motivo da conmemoración desta data na biblioteca preparamos unha exposición de libros relacionados coa temática para que todo o alumnado e profesorado poida usalos tanto nos momentos lectores como en empréstito para levar á casa.


Ademais durante toda esa semana e parte da seguinte, nos momentos lectores, o alumnado dos distintos cursos participou nun obradoiro baseado na presentación e uso dos paneis de comunicación se foron instalando nas distintas zonas do colexio, entre as cales se atopa a biblioteca. O obradoiro foi impartido pola nosa profe Zeltia.



martes, 2 de diciembre de 2025

CONTACONTOS DE NADAL

 Parte do profesorado do centro participou na dramatización dun conto para as nenas e nenos. 

A obra elexida para a ocasión foi "PAPÁ NOEL EXISTE E VOUCHO DESMOSTRAR".

Aquí vos deixamos o enlace para que poidades velo

https://www.youtube.com/watch?v=Dwc5-zlxRyw