Con motivo da chegada da festividade do Samaín o alumando do terceiro ciclo fixo na radio do cole, unha entrevista a algunhas das personaxes máis temerosas. Queredes escoitala?
jueves, 30 de octubre de 2025
lunes, 27 de octubre de 2025
DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O venres, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas cunha actividade moi especial e que lles gusta moito ao noso alumnado, os apadriñamentos lectores. Cada neno/a xuntouse co seu padriño ou madriña a ler o conto que lles tiñan preparado.
O encontro desenvolveuse entre sorrisos e expectación por parte dos maiores pois, non sabían como reaccionarían os nenos e nenas mais pequenos/as ante o seu conto pero, o resultado final foi moi satisfactorio, tal e como eles indicaron e serviulles tamén para coñecer aos nenos/as e así poder facer unha selección máis axeitada dos libros para o próximo encontro.
Volveremos xuntar o último mércores de cada mes!
Ata pronto
lunes, 20 de octubre de 2025
REGALAMOS VIAXES
O alumando de 6º de EP estivo moi atarefado estes días realizando un importante traballo de investigación na nosa biblioteca a partir da tarefa "REGALO UN VIAXE".
A actividade consistía en elexir un país que non coñeceran e buscar información relevante do mesmo para que os posibles turistas poidesen coñecer algúns datos significativos dos mesmos ( bandeira do país, a que distancia se atopa do colexio, curiosidades do lugar, momumentos ou espazos de interese para visitar,...).
Para recadar todos estos datos empregaron moitos dos libros de materia que tiñamos xa na biblioteca así como as últimas novidades que foron chegando relacionadas co tema.
lunes, 13 de octubre de 2025
ESTREO DA BIBLIOTECA NESTE NOVO CURSO
Esta primeria semana de Outubro as portas da biblioteca de Mosteirón volveron a abrirse para dar a benvida a todo o alumnado neste novo curso. E para iso fixemos unha divertida actividade de inauguración da mesma coa que arrincábamos tamén o noso Pdi deste ano "Mosteirón travel: viaxando polo mundo".
Aquí vos deixamos un breve resumo da mesma.
MOSTEIRÓN NAS ONDAS
Viaxamos co alumnado de 4ºA de Educación Primaira neste novo programa de radio ata Ocenía. Os cales, xunto coas todas as curiosidades da semana, descubríronnos moitas curiosades deste continente.
lunes, 6 de octubre de 2025
MOSTEIRÓN NAS ONDAS
Continuamos cos programas semanais de radio
A 5º A tocoulle preparar o terceiro programa do curso.
Aquí van todas as novidades e curiosidades da semana.
.png)





.jpeg)
.jpeg)

