domingo, 27 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO

 Ao longo desta semanana do libro, parte dos grupos do cole, adicaron o momento lector á analise dos personaxes de contos.

Para iso, previamente seleccionaron o conto sobre o que querían traballar e logo de lelo foron estudando a cada un dos seus personaxes e identificando que rol tiñan dentro do libro (protagonistas, antagonistas, secundarios,...).

Como traballo final cubriron unha plantilla resumo con toda a información recadada.

Con todas elas fixemos unha exposición no corredor principal co fin de que todos poidésemos coñecer e ver o  traballo realizado polos outros cursos. 








jueves, 24 de abril de 2025

QUE PERSONAXE DE CONTO É?

 

Onte o cole encheuse de personaxes de contos.

 Carapuchiñas vermellas, Brancaneves, Lobos, Sombrereiros tolos, porquiños,...foron algunhas das figuras que nos acompañaron ao longo da xornada. Que a que se debeu isto?

Pois que con motivo da celebración do Día do Libro, as nenas e nenos dalgúns cursos  animáronse a vir disfrazados do seu personaxe de conto favorito.

Pero eles non foron os únicos, parte do profesorado tamén participou nesta fermosa proposta.

En infantil tamén poideron desfrutar dunha sesión de contacontos impartido polas mestras e algúns alumnos/as. O conto elexido para a ocasión foi "En este cuento no hay ningún lobo feroz".



viernes, 11 de abril de 2025

EL LADRÓN DE FLORES

 Xa está aquí a primavera... unha época do ano que nos encanta.

Para recibila como se merece., parte do profesorado do cole animouse a facer unha sesión de contacontos para as nenas e nenos de infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria.

"El ladrón de flores" foi o conto elexido para dramatizar.






TALLER DE CROMA


O alumnado de 6º de Educación Primaria estivo traballando todos estes meses co Croma e aprendendo a facer divertidas montaxes relacionadas coas distintas ramas da ciencia.

Un actividade grazas á que, ademais de coñecer o croma e moitas das posibilidades que ofrece, traballaron distintos contidos curriculares usando a nosa biblioteca como centro de recursos, de investigación e de aprendizaxe.

Se queres ollar cantas cousas fixeron preme na imaxe para ver o vídeo:

domingo, 6 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 Durante esta primeria semana de abril, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Autismo, o equipo de biblioteca en coordinación co departamento de orientación do centro levamos a cabo esta actividade co fin de sensibilizar e dar a coñecer entre o alumnado este transtorno.

Para iso puxéronse en marcha tres carpetas viaxeiras que foron pasando polas clases no momento lector.

Cada carpeta incluía unha pequena infografía, un listado de cortos e un conto relacionado co tema.

 Ademais, o 2 de abril, padriños e madriñas lectores xuntáronse cos seus afillados para realizar unha manualidade na que xuntos/as tiñan que decorar o signo representativo do autismo. 











viernes, 4 de abril de 2025

Obradoiro Tecendo arte

 Neste mes de arte a nosa biblioteca converteuse en todo una atelier de costura grazas a este obradoiro.

Nenas e nenos dos distintos cursos, dirixidos polos mestres do equipo de biblioteca  aprenderon a construír os seus propios teares a partir dun material de refugallo tan simple como é o cartón.

Logo de aprender a facelos e preparalos co fío para que se puidera tecer neles, demos paso  á segunda parte da actividade na que, con agulla e lá en man, tocou aprender a tecer neles.

Comezaron facendo uns tapetes moi sinxelos para comprender ben o proceso.

Unha vez dominaron ben a técnica pasamos a crear os nosos deseños nun tear de verdade.

Os resultados foron moi positivos, pois foi un taller co que o alumnado desfrutou e amosou moito interese.