Nicoleto trouxo ao cole unha nova maleta cargada de libros informativos, contos e xogos...
Moitos recursos cheos de arte e creatividade cos que nenas nenos, así como os mestres, están desfrutando e aprendendo moitas cousas.
Nicoleto trouxo ao cole unha nova maleta cargada de libros informativos, contos e xogos...
Moitos recursos cheos de arte e creatividade cos que nenas nenos, así como os mestres, están desfrutando e aprendendo moitas cousas.
Arranquicamos o segundo trimestre do curso realizando co alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria distintos talleres centrados no bo uso e coidado da biblioteca, pois parece que o Doutor Crazy anda moi enfadado, pois as nenas e nenos non coidan ben a biblioteca e deixan todos os libros e materiais descolocados... algo que fai que o noso científico, en lugar de traballar, cada vez que vén á biblioteca tense que adicar a ordenala.
Para acabar con esta situación pediu axuda ao alumnado do primeiro ciclo de primaria. Entre todos van realizar distintas accións e misións coas que concienciar e ensinar ao resto de compañeiros e compañeiras do centro a usar correctamente a biblioteca.
Serán quen de conseguilo? Estamos seguros que si.
A primeira acción que fixeron foi mandar un mensaxe pola radio do centro dando aviso do que estaba a ocorrer na biblioteca.
Esta semana as nenas e nenos de 5º de Educación Infantil foron os encargados de preparar o programa de radio.
Aquí volo deixamos para que poidades escoitar a de cousas interesantes que nos contaron.
Continúan chegando á nosa biblioteca novos libros de lectura demandados polo alumnado e profesorado así como libros informativos realicionados coa temática do noso PDI, a ciencia.
Agardamos que os desfrutedes.
No Ceip O Mosteirón xa temos preparado o noso calendario para este 2025.
É un calendario moi especial, pois foi deseñado polos propios nenos e nenas do centro. Nel, cada grupo escolleu un científico ou científica galega destacado e adicoulle un mes do ano. Unha tarefa ben laboriosa coa que traballaron moito buscando información sobre o ilustre elexido nos distintos libros informativos da nosa biblioteca e logo tratando de facer o seu retrato.
Esta actividade fíxose en colaboración co equipo de Dinamización Lingüística.
Aquí vos deixamos o enlace para que poidades que ben quedou.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteiron/node/1018