martes, 17 de diciembre de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

 Nicoleto, a nosa mascota da biblioteca, elaborou un tríptico para amosar a todas as nenas e nenos do colexio cales son os libros e contos que nos recomenda para mercar ou ler este Nadal. Pero iso non é todo, xunto coas obras literarias, no tríptico tamén nos presenta algúns dos libros músicais e xogos de mesa que máis lle gustan.

 Coñecedes algún?




viernes, 13 de diciembre de 2024

ÁRBORE DE NADAl

 Esta semana as nenas e nenos de 4º de Educación Primaria subiron á biblioteca realizar un obradoiro de adornos de Nadal.

Valéndose de moitos dos recursos e materiais artísticos que podemos atopar nela deseñaron e elaboraron as súas árbores de Nadal.

Con todas as súas creacións construíron unha grande árbore que xa está ambientando a nosa biblioteca. 

Mirade que bonita quedou!!





jueves, 12 de diciembre de 2024

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para conmemorar esta data, dentro da biblioteca realizamos dúas pequenas actividades:

-A primeira delas consistiu nun obradoiro de iniciación á lingua de signos



- A segunda proposta consistiu no visionado dun vídeo resumo dalgúns personaxes de debuxos animados que sofren algún tipo de discapacidade. Este vídeo levounos a reflexionar sobre as diferentes discapacidades e a  investigar algún científico ou científica coñecido que tivese algún tipo de discapacidade. Os resultados desta pesquisa resultaron moi interesantes.





miércoles, 11 de diciembre de 2024

CHARLA DE ASTRONOMÍA

 Esta semana  a nosa biblioteca abriu as súas portas para recibir unha visita moi especial, a de Óscar Blanco, director do Centro Astronómico de Trevinca.

O alumnado de Educación Primaria tivo a oportunidade de  coñecer un pouco máis sobre astronomía grazas aos seus amplos coñecementos e ás impresionantes fotografías que nos mostrou.






jueves, 5 de diciembre de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Ao longo do mes de novembro, Nicoleto, a nosa mascota da biblioteca, foi propoñéndonos distintos experimentos para realizar.

A partir deles traballamos moito o método científico e todas as súas fases: observamos, formulamos hipóteses, experimentamos, analizamos, sacamos conclusións,... 



lunes, 2 de diciembre de 2024

CONTACONTOS DE NADAL

 Con motivo da chegada do Nadal, parte do equipo de mestras e mestres do colexio xuntáronse na biblioteca para representar un conto ao alumnado.

A obra elixida para tal fin foi "La primera navidad de Papá Noel".

Aquí vos deixamos o resultado, non tendes máis que clicar no enlace para ver o resultado.

                                             https://www.youtube.com/watch?v=Kr22AWeGBuU

Agardamos que vos guste!