Este luns recibimos unha das maletas que a Asesoría de Bibliotecas oferta aos centros, a Maleta Matemática, a cal está moi relacionada coa temática do noso pdi este curso, a ciencia.
Con todo o seu contido fixemos unha exposición no corredor principal para que todo o alumando e profesorado poida ter acceso ao seu material e poder desfrutar durante uns días do seu contido.
A primeira semana de outubro abrimos a biblioteca ao alumnado cunha actividade moi especial que partía do tema do Pdi deste ano Mosteirón Conciencia.
Nela o alumnado recibiu nas aulas a carta de Doctor Crazy, un científico que ocupou a nosa biblioteca durante o verán para convertela no seu laboratorio. Agora pedíanos axuda para salvala, pois corría perigo por un mal experimento que fixo.
Para axudalo, as nenas e nenos tiveron que resolver unha serie de retos para conseguir os ingredientes precisos para facer a fórmula que acabase co enredo do Doctor Crazy.
Para afrontar estes retos primeiro recibiron unha pequena formación como usuarios da biblioteca. Pois moitos destes retos centrábanse en temas de identificación de tejuelos, catalogación, busca de libros,....
Aquí vos deixamos un resumo deste grande traballo que realizaron.