martes, 18 de junio de 2024

SECTORES ECONÓMICOS

 Aquí vos deixamos un novo podcast realizado polo alumnado de sexto de primaria, cuxa temática principal son os sectores económicos da nosa sociedade.

Se vos animades a escoitalo aquí tedes o enlace.

https://drive.google.com/file/d/1_8RMClqYAsksj18f-dOxxfSr-ZtNzcef/view


lunes, 17 de junio de 2024

PODCAST A IDADE MEDIA

 Aquí vos deixamos un podcast que gravou o alumnado de 6º de Educación Primaria  para amosarnos todo o que estiveron a investigar e aprender neste último triemstre do curso sobre a Idade Media.

https://drive.google.com/file/d/1wpo1jeZc7auKar8-38yvvGkBDwvPjj3c/view


lunes, 10 de junio de 2024

CREANDO NA RADIO MOSTEIRÓN


O alumnado de 6ºEP realizou un podcast na radio sobre os perigos en Internet e nas Redes Sociais, alertando así á comunidade educativa e dando ferramentas para poder protexernos e fomentar un uso responsable das redes.
O alumnado creou un decálogo de bo uso das redes, buscou ferramentas sobre o benestar dixital e realizou un análise DAFO sobre o uso das Redes Sociais.
Podedes escoitalo pinchando no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/1ltoA2gSB0v-E5LwWrT17xp8j35KgpkqY


jueves, 6 de junio de 2024

ENTREVISTA A LUCAS PÉREZ

 Este martes recibimos a visita do futbolista, Lucas Pérez. Una visita que causou moita emoción e expectación entre o alumnado, pois ademais de ter moitos seguidores no cole  descubrimos que estudou tamén en Mosteirón.

Como non podía ser doutro xeito, aproveitamos a ocasión para facerlle unha entrevista na radio. Para iso cada grupo escolleu dúas preguntas para realizarlle. As nenas e nenos representantes das distintas clases foron os encargados de facerlle todas esas preguntas na entrevista.





martes, 4 de junio de 2024

XOGAMOS COA LUZ NEGRA

 Ao longo do curso realizamos distintas actividades coa luz negra na aula sensorial. Actividades nas que pintamos, creamos e xogamos co sentido da vista.






RECANTO DA COCIÑA

 Estreamos un novo espazo dentro da nosa biblioteca, o recanto de cociña. Unha nova zona na que o profesorado dispón dos recursos e materiais precisos para realizar, coas nenas e nenos un sen fin de actividades, receitas, experimentos... 

Como por exemplo esta tarefa que hai uns días, fixo co seu profe, o alumando do primeiro ciclo de primaria para traballar os estados da auga. 




lunes, 3 de junio de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Antes de que remate o curso, Nicoleto preparounos unhas recomendacións lectoras para que durante as vacacións de verán a lectura forme parte tamén das vosas aventuras, viaxes e tempo de lecer.




domingo, 2 de junio de 2024

RECANTOS DA BIBLIOTECA

  Ao longo deste curso fomos adaptando e dotando de novos recursos e materiais os distintos recantos que encontramos na galería da biblioteca.

        ZONA DE LEGOS




ZONA DE ROBÓTICA


ZONA DE CIENCIAS E NATUREZA


ZONA CREATIVA


E habilitamos tres novas zonas. Estas son:

ZONA DA COCIÑA

ZONA DE DESFRACES


AULA SENSORIAL