Durante todo este curso viaxou polas aulas de infantil a "Mochila dos retos científicos". Nela unhas familias retaban a outras a facer un experimento.
Como?
Pois primeiro tiñan que facer o experimento proposto lendo con atención os pasos a seguir, nun segundo momento tiñan que recoller o resultado do experimento con texto e imaxes e un terceiro, redactar o experimento que propoñían indicando a que familia ía dirixido.